Máis dun cento de persoas protestan na Rúa contra a «deslocalización de Iberdrola»

Tódolos grupos políticos daban o seu apoio ao manifesto ao que un ex traballador da eléctrica daba lectura na concentración frente a sede da empresa

Máis dun cento de persoas concentrábanse esta mañá nas inmediacións da sede da empresa Iberdrola en A Rúa. Tódolos grupos políticos do Concello consensuaban e aprobaban o día anterior en pleno ordinario, luns 6 de maio, unha declaración institucional para impedir unha «deslocalización de Iberdrola», da súa sede neste municipio. Víctor López, ex traballador de Saltos de Sil, empresa para a que estivo preto de 40 anos traballando, era o encargado de ler o manifesto proposto por tódalas forzas políticas.