Invasións romanas para desfrutar do viño valdeorrés
         15 de agosto de 2016 (12:06 h.)
      
    Esta fin de semana O Aguillón de A Rúa transformouse nunha feira para a III Bacofesta. Alí déronse cita o viño, a música e a gastronomía, acompañados do bo ambiente creado polas comparsas e os espontáneos caracterizados de época romana. Hoxe luns é o último día. O evento pecha coas xornadas de folclore.