Noite dos Descontos na Rúa

I Noite de Descontos na Rúa
A Rúa terraza Bravo Lux
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A II Noite dos descontos na Rúa celébrase o vindeiro venres, 10 de xuño entre as 8 da tarde e as 12 da noite.

Aos descontos que che ofrecen os comercios que se uniron esta campaña, engádese a música polas rúas que pon a Banda de Gaitas Abertal, a degustación de pinchos nos establecementos comerciais e as cañas nos bares a 1 €.

Os comercios que participan nesta iniciativa son: Deportes Aris, Confecciones Rosendo, Perfumería Compostela, Mercería Raquel, Cool Balea, Confecciones Mondelo, Okre, Fíos e Arnaveca Comunicación.

Os bares donde a caña está a 1 € son: A Tasca, Vinoteca Pepa, O retorno Bar, Bar Bravolux, Sport´s Café, 4 Camiños A Rúa, O Café, Cafetería  Lunas, Route 66, A Cervecería y Tapería Orballo.

Organiza a Asociación Empresarial de Valdeorras coa colaboración do Concello da Rúa.

As fotos desta galería son as da edición anterior.