O Fluvial gaña a regata da Rúa e queda subcampión na liga
O Fluvial Barco, afrontou a derradeira regata da tempada na casa, no encoro de San Martiño, no Aguillón da Rúa, na mañá do 28 de agosto. A competición contou con, 91 padexeiros de toda a provincia, dos cales 44 pertencían ó club organizador.
O recorrido, que tivo que ser cambiado en última estancia por mor do vento, foi de un quilómetro para benxamíns e alevíns, de dous para infantís e de catro para o resto das categorías, todas individuais. O club barquense, claro gañador da regata con 2852 puntos, a 1683 de Allariz (primeiro clasificado na liga provincial de piragüismo Copa Deputación 2016), disputaba o segundo posto fronte ó equipo de Avión, que obtivo 1126, ó que sobrepasou de xeito contundente. Tamén se disputaba o carto e quinto posto da xeral entre o S.C. Fontefría de Muiños(905) e a Escola Municipal Ourensana de Piragüismo (485), neste caso os de Muiños ganáronlle aos de Ourense.
A clasificación xeral da liga por clubs foi: 1º. Fluvial Allariz; 2º. Fluvial O Barco; 3º. Fluvial Avión; 4º. S. C. Fontefría (Muíños) e 5º. Escuela Municipal Ourensana de Piragüismo. Nas competicións individuais os do fluvial que subiron o mais alto do podio foron: Bernardo Sánchez Ouro (veterano), Jesús Rodríguez León (Senior), Adrian Prada Pérez e Ana Cao Cao (xuvenil), Noemí Fernández Monteiro (cadete), Yoel Rodríguez Vega (infantil B), Daniel Rodríguez López e Marta López Rivera (alevín A), Raul Prada Pérez (alevín B).
Na segunda posición quedaron: Sergio Rúiz Paz e Kissi Torres Núñez (senior), Marta Rodríguez Paradelo (xuvenil), Ines López Vega (cadete), Paula Paradelo Rodríguez e Miguel Real Novoa (benxamín), Sabela Rodríguez Blanco (alevín A) e Iker García de Sousa (alevín B).
A terceira praza acadárona: Aitor López Berciano e Teresa Pomar Rodríguez (senior), Luis Pomar Rodríguez e Lidia González López (cadete), Jairo Borrajo Rodríguez (infantil A), Nicolás Díaz López (alevín B).
Cabe destacar que a alta puntuación dos do barco nesta regata, non sería posible sen a masiva participación das novas incorporacións ó club e os bos resultados acadados polos habituais
Tamén se disputou, o sábado 27, en Verducido, Pontevedra, o campionato galego de velocidade en modalidade individual e barcos de dous e catro tripulantes, sobre distancias de 200 e 1000 metros. A esta competición foron: Jesús Rodríguez León, Roberto Núñez Gómez, Kissy Torres Núñez e Julián Rodríguez León. Jesús Rodríguez e Bernardo Sánchez foron os primeiros na categoría K1 1000 e cuartos en K2 1000 formando parella. Kissy Torres quedou quinta en k1 200.