Couso homenaxeado polos veteráns do CD Rúa

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O ex presidente do CD Rúa Couso foi homenaxeado no torneo triangular de veteráns celebrado na tarde do sábado, 6 de agosto, no Aguillón de A Rúa, coa presenza da alcaldesa, María González Albert e do concelleiro de deportes, Avelino Seco.

A homenaxe foi promovida polos veteráns do CD Rúa que repetiron iniciativa, xa que no pasado mes de maio invitaran a outro ex presidente, Miguel Ángel Rodicio, a facer o saque de honra no partido disputado contra os veteráns do Celta.

No partido disputado no triangular, con motivo das festas da Rúa foi a Couso a quen lle tocou iniciar o partido de forma simbólica, e parece que lle deu boa sorte aos do Rúa, xa que venceron. O primeiro partido entre o CD Barco e o Ferreira de Pantón rematou cun empate 1-1 que se desfixo na tanda de penaltis, gañando os barquenses. O partido entre o CD Rúa e o CD Barco, saldouse cun 2-1 a prol dos locais. Rúa e Ferreira de Pantón empataron a 3 goles, pero como os locais gañaran ó Barco, a copa quedou na casa.