Celebración do Xoves de Compadres na Rúa cunha cea
A noite de
compadres animou o ambiente na Rúa con moitos homes disfrazados polas calles
Máis de 60 homes da Rúa e Petín xuntáronse nun coñecido restaurante da vila para celebrar o Xoves de Compadres.
Un consomé para abrir o apetito necesario para cear un contundente lacón con grelos acompañado de patacas, chourizo, orella e rabo. As orellas de Entroido non faltaron na sobremesa, así como os licores e cafés para estar ben esperto toda a noite.
Ao remate da «paparotada», no Bravo Lux música dos oitenta e noventa para seguir a troula e lucir os disfraces. Os personaxes de Toy Story: o Sheriff Woody, Buzz Lighyear. Os Súperheroes Marvel: Ironman, Capitán América, Spiderman. E, os de sempre, Dartañán, os mosqueteiros, piratas, curas, mulleres, unha quenlla, cans o Che Guevara y até Fidel Castro; para todos os gustos e cores. Sen dúbida o traxe máis impáctante foi o dos anxos de Victoria Secret que coas súas plataformas, traxe dourado e ás negras de pluma abraiaron por onde pasaron.
Está ben que
continúen as tradicións e sobre todo que os homes tamén sexan quen de dar cor
ao Entroido, sobre todo en días especiais como o Xoves de Compadres.