Bicicletas para as noites de verán na Rúa
Cerca de un cento de persoas realizaron a ruta nocturna en biclicleta organizada polo Club Jabalíes de Valdeorras
As dez da noite saían, cerca de cen persoas, enriba das súas bicicletas para percorrer os camiños, estradas e rúas da ruta solidaria nocturna de San Lorenzo.
O Club Jabalíes de Valdeorras organizou este roteiro que se desenrolou en dúas modalidades. Unha para nenos e principiantes e outra para profesionais. A saída fixérona todos xuntos desde a praza do Concello da Rúa, para desde alí baixar pola rúa Dr. Vila, logo a de Circunvalación e desde a rotonda da gasolineira tomar a rúa do Progreso até Petín. Deron a volta pola ponte da Cigarrosa desde onde, uns partiron cara o Barranco Rubio e os outros seguiron a ruta polo Aguillón até Vilela e desde alía a Rúa Vella. Volta outra vez cara a Rúa para finalizar no Aguillón onde cearon todos xuntos no bar das piscinas.
Unha noite na que a lúa non deixou ver as bagoas de San Lourenzo pero, que serviu para ser solidarios xa que coa inscrición requiríase a doación de alimentos a Cáritas. Requiriuse o uso de luces e casco.