jueves. 30.03.2023
ANDAINAS/TRAILS/ORIENTACION

Manzaneda reuniu case 100 participantes na Adem

A Andaina, que cumple a oitava edición, e Trail (primeira) de Manzaneda reuniu a case que 100 participantes. Na mañá do 8 de outubro, con temperaturas impropias para a época do ano na que nos atopamos (demasiado calor). As 9:30 dábase a saída, con media hora de retraso, ós máis de oitenta participantes que participaban na andaina e que tiveron que percorrer 16 ou 19 quilómetros segundo fixesen a curta ou a longa.

Camiñantes dos arredores, Manzaneda, Raigada, San Miguel de Vidueira, Trives; ou de máis lonxe, O Barco, Quiroga e ate de Valladolid, tomaron a saída no Campo de Penso, en San Miguel de Bidueira, para encamiñar os seus pasos cara Placín, logo pasarían por Raigada, Cernado (só os do recorrido longo), ou Bidueira para retornar ó punto de partida.

Bonitos paraxes de ver e polos que camiñar, aínda que pola seca deixáronse de observar cogomelos ou o verdor típico que debería ter o monte nestas data, eso sí as castañas xa pingan e puideron ate levar un bocado delas.

Os corredores, só dez, tomaron a saída as 10.00 horas dende o mesmo lugar que os da andaina,  facendo o mesmo recorrido, un trail curto de 16 quilómetros e un longo de 19. Neste caso os corredores achegáronse dende a capital, Ourense, tamén de Coruña, O Pereiro, A Rúa, Ribas do Sil (San Clodio), O Barco ou da Pobra de Trives.

O remate os participantes trasladáronse ate Manzaneda onde a organización agasallounos cunha comida na que non faltaron as empanadas, embutido e queixo da zona, croquetas e tamén melón con xamón.

Para axudar nas labores de sinalamento e regulación do tráfico participaron as Agrupacións de Protección Civil de Maceda, Xinzo de Limia, Petín e do concello organizador, Manzaneda.

Comentarios
Manzaneda reuniu case 100 participantes na Adem