viernes. 29.03.2024
Actualidad

Vilamartín pon en marcha os «pendellos faladoiros»

Os pobos do Mazo e San Miguel de Outeiro xa contan cunha destas estructuras que pretende ofrecer un espazo onde falar resguardado das inclemencias do tempo

Reunirse, sentados nun banco, arredor dunha mesa, a falar. Esta idea pode parecer simple, pero hoxe en día é case unha idealización que sen embargo sigue dándose nos pobos. Así o cree Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín de Valdeorras, e «porque crieime nun pobo e conservo esa raigame, quero facer por eles todo o posible», conta.

O proxecto que ten entre mans é sinxelo, «darlle un espazo a vellos e novos no que falar a gusto, iso que buscan facer no seu tempo de lecer e que eu persoalmente me gustaría que se conservase». Unha idea romántica bautizada coma pendellos faladoiros, que sen embargo comeza xa a facerse realidade como pasa no Mazo, «onde fixemos un pequeno pórtico de madeira onde a xente dos pobos poda sentarse a falar». Recorda quizáis ás cubertas de plástico das paradas de autobús que aínda nalgures poden verse, «coma as que existen en San Vicente e que seguen usándose polos maiores». Desta volta, a construcción, según conta, tratará de mimetizarse máis co contexto no onde se construirá.

Pendello faladoiro de O Mazo, en Vilamartín.

San Miguel de Outeiro será o seguinte pobo en disfrutar dun pendello faladoiro en breve, pois os traballos xa se atopan ben avanzados.

Traballos no pendello faladoiro de San Miguel de Oureiro, Vilamartín.

A conversa ao aire libre forma gran parte da esencia deste proxecto. Tanto é así que «o pendello serviría para protexer os alí sentados do sol, a choiva ou o vento» pero nunca encerralos, porque non se trata dun espazo «como o dun centro social», ten que conservar o principio de disfrutar do ambiente, do exterior, «porque estar nun pobo e estar encerrado, casi é un sacrilexio», asegura o alcalde do municipio.

Fonte no pobo do Mazo usada hasta ahora para falar os días que chove

O certo é que, apenas dados os primeiros pasos, o proxecto parece ter boa acollida, boa mostra delo é a resposta dos veciños do Mazo, «que xa se ofreceron a coidar as prantas, a mantelo limpo, a facer seu o que o Concello lles ofreza». Ó fin e ó cabo, a idea final sempre é que podan disfrutar de algo que xa é deles.

Vilamartín pon en marcha os «pendellos faladoiros»