O Hospital Público de Valdeorras felicitará o Nadal ca postal de Valle

O debuxo foi elixido

entre os 68 presentados ó certame que esta ano vai pola vixésimo primeira

edición

A postal ca que o Distrito Sanitario do Barco de Valdeorras felicitará o Nadal é obra de Valle N.G., unha nena de 6 anos que gañou na categoría de 5 a 8 anos.

Ó concurso presentáronse  68 debuxos de nenos en idades comprendidas entre un e doce anos. Os premios concedéronse en tres categorías  segundo a idade dos participantes: de 1 a 4  anos, de 5 a 8 e de 9 a 12. Por cada categoría ademais dun premiado, tamén se outorgaron dous accésit.

Debuxos gañadores na categoría 5 a 8 anos

Os premiados de cada categoría foron: Iria N. L. de 4 anos, Valle N. G. de 6 —debuxo elixido para a tarxeta de felicitación— e Hugo C. R. de 11 anos. Respecto os accésit recaeron nos traballos de:  Valeria B. M. de 3 anos e Luca F. I.  de 4, na categoría dos máis cativos. Martina G. C.  De 5 anos y Lucía P. M., ambas de 5 anos  lográrono na de 5 a 8 anos. E, Rocío N. A. e Diana O. M., ámbalas dúas con 9 anos na de 9 a doce.

Debuxos gañadores da categoría 9 a 12

Un xurado integrado por membros dos medios de comunicación locais foron os encargados de elixir os gañadores e  os premiados co accésit, mentres que a tarxeta de felicitación foi designada por responsables do Hospital Público Valdeorras.

Ademais, anunciouse que Papá Noel visitará un ano máis as instalación do Hospital reuníndose cos nenos no salón de actos do centro o vindeiro 18 de decembro ás 17:00 horas. Logo na cafetería do agasallarase a todos con un chocolate con churros.

Os tres clasificados na categoría 1 a 4 anos

Esta é a vixésimo primeira edición deste concurso que cada ano ten máis participación.