Celebración do Día da Árbore nos concellos do oriente ourensán

O Día Mundial da Árbore que é tamén chamado Día Forestal Mundial, foi inicialmente unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma en 1969. Esta recomendación foi aceptada por la Organización de Nacións Unidas para a Agricultura y a Alimentación (FAO) en 1971. Celébrase o 21 de marzo, e na nosa comarca xa comezaron estas celebracións o xoves 16 de marzo. Os rapaces do CEIP Eduardo Ávila Bustillo da Veiga, coa colaboración do concello plantaron 25 especies no colexio e no paseo do encoro. Serbal de cazadores, carballo americano e do país, enciños e cerdeiras foron algunhas das árbores desta primeira plantación.

O venres ,17 de marzo, os que fixeron a plantación foron os rapaces do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira. Neste caso, o lugar onde se plantaron foi o Xardín da Casa Grande de Viloira e o número de especies foron catro

O 21, o lugar elixido será o Arboretum de “O Aguillón” no concello da Rúa e aquí os colexios participantes serán o Manuel Respino, Pablo VI_Fátima e Cosme López Rodríguez. O número de especies trinta.

Y para finalizar estas celebracións, o día 22, a plantación será en Castro Caldelas na “Dehesa dos Nenos” y en Rubiá na “Caseta dos cazadores”. Os encargados de facer a plantación das 51 árbores serán os rapaces dos colexios locais. En Castro Caldelas plantaranse 30 y en Rubiá 21, neste último concello os encargados da planta serán os nenos do Virxe do Camiño.

A colaboración dos axentes do Distrito XVIII e dos concellos onde se realizan as actividades, así coma a dos colexios da zona, son parte importante destas celebracións. Con estás accións e prácticas didácticas preténdese que os nenos aprendan a importancia de conservar os bosques y os recursos forestais que a natureza nos ofrece, ademais de involucralos e sensibilizalos na súa protección.