As raquetas de neve protagonistas nas actividades de Terras Altas de Trevinca

A neve caída durante a semana pasada fixo que se cambiaran as actividades prevista para a Ponte da Constitución por rutas con raquetas á lagoa de Ocelo

Nova actividade con raquetas de neve de Terras Altas de Trevinca. Nesta ocasión Juanjo Lorenzo, guía local de montaña e monitor Starlight, levou a un grupo de camiñantes até a Lagoa de Ocelo por sendeiros cubertos de neve.

Neste martes, 8 de decembro, un grupo de oito persoas tomaban a saída desde Ponte, aínda que con un pouco de retraso por mor da neve que impedía chegar aos participantes a súa hora. Partindo dunha altitude de 1100 metros  onde o espesor da neve era de 10 centímetros chegaron, case que despois de dúas horas ao destino, a lagoa de Ocelo, situada a uns 1500 metros, onde o manto branco acadaba aproximadamente 40 centímetros. «Está todo blanco, espectacular, precioso, moi bonito. Unha estampa invernal fantástica», relataba o guía desde a propia Lagoa. «Hoxe non temos a sorte de ver o sol, hai nubes baixas e brétemas, está todo cuberto. Non podemos desfrutar da paisaxe , pero a estampa é igualmente marabillosa», matizaba.



Unha vez chegaron a lagoa un tente en pé bebida quente e un bocadillo e repor forzas para encarar a baixada. Logo una vez chegados a Ponte, ao rematar a actividade unha comida máis copiosa.

«A idea é desfrutar da lagoa, vela con neve, con xeada. Trátase de desfrutar do percorrido, de coñecer nova xente que tamén e interesante», sinalaba Juanjo

As actividades previstas para a ponte víronse alteradas por mor das nevaradas, o vento e en suma o mal tempo. «Ca vaga de frío e, a posibilidade de facer raquetas de neve cambiamos totalmente o calendario. Decidimos facer os catro días raquetas. Como o sábado a cota de neve era moi baixa e había a posibilidade de que a xente non chegara ao destino nin puidera saír de aquí, cancelamos a actividade e fixemos actividades cos rapaces da Veiga. O domingo, luns e martes fixéronse xa actividades», indicaba Lorenzo. O domingo participaron 10 persoas, chegadas de Compostela, Xinzo ou O Bolo. O luns a sarabia e o vento fixo abortar a actividade.



Os vindeiros fins de semana si o tempo o permite e hai neve seguirán facendo as actividades con raquetas. «A neve sempre ten un efecto chamada incríbel», resaltaba Juanjo . «As actividades con raquetas son máis sinxelas, son paseos de 5 a 6 horas onde as distancias non son moi longas e os desniveis tampouco . Pode vir xente cunha  mínima preparación, non é algo moi complicado. Non é subir a Trevinca, ou percorrer cumios ou terreos con cotas elevadas como noutras actividades que facemos», apuntaba.