Arcos bebió, cantó y sobretodo disfrutó en una nueva edición de su Festa Coveira

Como se esperaba a V edición da Festa Coveira de Arcos foi todo un éxito de participación pese a que amenazaba a chuvia, pero esta escampou dando acceso a festa.

As 19:30 horas abríronse as entradas a unhas rutas que como cada ano fixeron disfrutar ao catador dos diversos caldos que se ían servindo nas diferentes adegas xunto a troula e bó humor.

Comida, viño, música e troula foron os ingredientes indispensables para esta celebración, que este ano tivo 10 covas participantes que se podían visitar completamente «levantadas en barro, de máis de 200 anos» afirmaron dende a organización. e nas que se serviron pinchos, viño, postres típicos e, como non, música a ritmo de Os Bertollini, que como o ano pasado acompañaron aos visitantes en todo o seu percorrido.

Ademais, a troula completouse con xogos e actividades para os máis pequenos e unha discoteca móbil para os máis novos.

Para rematar ben a festa e que cada un chegase de “bo xeito” ás súas casas, a imaxe de Don Godellín sacouse en procesión para bendicir o camiño de volta e protexer aos festeiros no seu regreso á casa, ademáis Isra e Iván Tato puxeron a música a partir de altas horas da madrugada.

Malia que esta festa en Arcos se popularizou dende fai tan só cinco anos, os veciños recordan que esta celebración nas covas era moi típica dos seus antepasados.

Cada ano a Festa Coveira de Arcos ten máis interese, non só na comarca, senón en toda a provincia. Dende a organización esperan seguir crecendo e fomentando, ano tras ano, esta cultura tan nosa.